As palabras que usamos para describir aos outros ás veces son tan grandes que os converten en algo que non son. Coidado! Estamos a poñer etiquetas! E cando facemos isto, estamos a cualificar a unha persoa. Isto non se debe facer. Cada un é como é, e somos de moitas maneiras!
Neste novo libro, Lucía Serrano convídanos a reflexionar sobre as etiquetas con que sinalamos a outras persoas, sobre o peso que traen consigo e sobre as consecuencias que ten usalas. Un novo libro feito para pensar sobre un tema fundamental.
1º-2º Primaria