Vista normal Vista MARC Vista ISBD

A raíña de Turnedó / Gloria Sánchez

por Otero, Pablo; Peixe; Sánchez, Gloria [autor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: Merlín.Editor: Vigo : Kalandraka ,2014 Edición: 1ª ed.Descrición: 59 p. : il. cor ; 24 cm.ISBN: 9788484648819.Materia(s): Rima | Contos acumulativos | Xogos de palabras | Imaxinación | Creatividade | Liberdade | Dragóns | RaíñasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: No xardín da raíña de Turnedó van aparecendo o mato do xardín, a princesa que garda a vaíña do mato e, sucesivamente, toda unha serie de excéntricos personaxes e elementos singulares que se van encadeando, conformando un intenso relato épico.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Este rexistro ten moitos ítems físicos (191). Faga clic aquí para velos todos.


“A raíña de Turnedó” é un poema escénico que se apoia nos recursos da literatura oral popular para contar unha divertida historia de estrutura acumulativa e formato lírico, que destaca tanto pola sonoridade como polo remarcado carácter do ritmo e da rima. A obra bebe das fontes do teatro culto: a fórmula do retrouso favorece a interacción, a participación do público infantil na lectura ou mesmo na representación da obra, do mesmo xeito que a fórmula acumulativa facilita a memorización dos textos.

“A raíña de Turnedó” anima os lectores a intervir no xogo lingüístico a través de estraños binomios de palabras e dunha dobre linguaxe que remite a un proceso creativo dominado pola imaxinación, a liberdade e a ausencia de prexuízos, cun ánimo lúdico.

As ilustracións abstractas de Pablo Otero destacan pola súa forza expresiva, con tipografías, figuras e protagonistas de sorprendente apariencia.

No xardín da raíña de Turnedó van aparecendo o mato do xardín, a princesa que garda a vaíña do mato e, sucesivamente, toda unha serie de excéntricos personaxes e elementos singulares que se van encadeando, conformando un intenso relato épico.

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha