A raíña de Turnedó / Gloria Sánchez
por Otero, Pablo; Peixe; Sánchez, Gloria [autor/a]
.
Tipo: 








Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe San Marcos Sala préstamo | 8 Poe SÁN 6-2 | 1 | Dispoñible | CEC122000003969 |
|
“A raíña de Turnedó” é un poema escénico que se apoia nos recursos da literatura oral popular para contar unha divertida historia de estrutura acumulativa e formato lírico, que destaca tanto pola sonoridade como polo remarcado carácter do ritmo e da rima. A obra bebe das fontes do teatro culto: a fórmula do retrouso favorece a interacción, a participación do público infantil na lectura ou mesmo na representación da obra, do mesmo xeito que a fórmula acumulativa facilita a memorización dos textos.
“A raíña de Turnedó” anima os lectores a intervir no xogo lingüístico a través de estraños binomios de palabras e dunha dobre linguaxe que remite a un proceso creativo dominado pola imaxinación, a liberdade e a ausencia de prexuízos, cun ánimo lúdico.
As ilustracións abstractas de Pablo Otero destacan pola súa forza expresiva, con tipografías, figuras e protagonistas de sorprendente apariencia.
No xardín da raíña de Turnedó van aparecendo o mato do xardín, a princesa que garda a vaíña do mato e, sucesivamente, toda unha serie de excéntricos personaxes e elementos singulares que se van encadeando, conformando un intenso relato épico.
1º-2º Primaria